Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 mai 2012

QUE VOLVA A PESETA, PERO COA CARA DE FRANCO

RAIN

A peseta era biográfica. Contábanos a historia de Cerillita, un miñaxoia de malcomer alentado a base de Pelargón que deu reinado nun estenso territorio entre o sur de Francia e o norte de África. Houbo unha evolución no seu perfil nas rubias, dende cabezolo próspero dos 50 á efixie de xogar ao dominó con parkinson nos 70. Os euros non cambian, non contan nada. A cara de El Rei parece inmune ás rabuñaduras do tempo, afronta hierático as axitadas treboadas da opinión popular. O dramatismo que transmitía a peseta de cando gobernaba Franco provócame morriña. Este abalar continuado da economía arrástrame a recoñecer que deberiamos volver ás pesetas e ao amargor expresivo do ferrolán. Con Franco consumíamos máis porque daba gusto levar un ditador metido no peto e ceibalo cando lle petaba a un. A súa faciana lembrábanos tantas cousas desagradables que nunca reclamabamos as voltas. Bote para o camareiro, que apañaba o seu sobresoldo. Polo demais, todo parece antes: os merengues gañan a Liga, cuestionase o artello autonómico mentres toda infraestrutura atravesa necesaria e absurdamente Madrid, e España representa Hamlet a conta de Xibaltrar. Os británicos do Penón escoitan este Nodo patrioteiro coma os seus monos: cegos, xordos, mudos. 300 anos ondeando a Union Jack provoca unha preguiza descomunal por moitas portadas rojigualdas que imprima a dereita española. Ben saben que limitan co final da Liga española nese territorio de despiste que dominan os gobernantes. Xibraltar agocha transtornos bipolares que se manifestan nesta primavera de incertezas que padecemos. Ninguén falará da Rocha cando volva o Carrusel Deportivo.

photo: Xhoefner

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité