Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 mai 2012

UN ZAPATO DA TALLA 40, UN COCHE DE SEGUNDA MAN

okcr-30309-Tattoo_Jack_1942_Nyhavn17_foto_Inga_Ejstrup

PEDRO COMPROU un Renault Clío de segunda man. Aínda comezando maio subiu ata o cumio dos 80 anos. Dende que mercou o coche, érguese polas mañás, prepara un café e senta na entrada da casa. Enfronte está o alpendre no que garda o automóbil. Sonia anda apurando a trintena. A primeiros de mes, segundo cobra, merca uns zapatos da talla 40. Volve a casa para pasealos diante dun espello de corpo enteiro que ten no dormitorio. Carlos é xuíz que traballa arreo: media semana en Madrid e a outra en Puerto Banús. Rodrigo estaba empregado nun banco. Deixouno tan ricamente un mes atrás. Esperanza ten un cargo público; non sobrepasa unha intelixencia normal, pero adoitaba servirnos de exemplo na contabilidade, que rexe co sentido dunha nai no seu fogar. Descubrimos agora que Esperanza mentía e tirara demais da Visa para equilibrar contas. A Rodrigo houbo que axudarlle cos cartos que non temos para agochar a súa torpeza. Agardamos aínda a que Carlos nos detalle os asuntos que lle ocupaban a xornada laboral no Marbella Club Golf Resort. Sonia debería asumir que a súa talla é a 38, por moito que lle amole ter un pé cativo. Pedro non arrinca o coche novo porque non quitou o carnet, pero o automóbil non deixa de ser o seu capricho. Sonia pode mercar os zapatos que lle pete, por moito que lle baile o pé dentro. Ambos os dous gastan do seu, nada que reprocharlles.

Photo. Tatoo (1942) Jon Norstrøm

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité