Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 mai 2012

"AITA, ME CAMBIO DE EQUIPO"

football

Eu son do Athletic de Bilbao por ósmose. Nunca titubeei niso. Os meus avós por ambas as partes seguían a ese equipo. Os meus pais, tíos, curmáns e máis os meus irmáns profesaban a mesma certeza. Afortunadamente non somos existencialistas como os do Atlético de Madrid, polo que nunca faremos un anuncio cun fillo que cuestiona asuntos que se dan por certidumes. Os bilbaínos somos do Athletic per se, aínda que logo lle poidamos engadir fachenda ridícula e autoparodia escarnizante. O fútbol non me atrae nin un terzo do que lle apaixoaba ao meu pai. Eu seguía ao Athletic pola mesma obriga sólida polo que debía rematar o bacharelato. Preguntarlle ao meu aita por que somos do Athletic, mesmo nos anos de colleitas ruíns en Lezama, teríao situado nun inferno de fracaso como proxenitor. Eu reproduzo ese modelo cos meus cativos: han de ser seareiros do Lugo porque naceron nesta cidade. A partir de aí, son libres. Con seis anos, o pequeno é tan pragmático que é do Barcelona e do Real Madrid nunha variación guiada unicamente polas victorias. Pero o venres, cando o partido de Copa, decidu ser do Athletic. Acudiu ao colexio coa camiseta de listóns vermellos e brancos que lle regalou a avoa. Animoume a ver o partido con el coa mesma alegría coa que animaba despois a Llorente. No minuto 27, cando o noso equipo -así o entendera eu- encaixou o terceiro gol, non lle dei importancia porque os de Bilbao recibimos os goles que nos peta. Sen embargo, Antón miroume confuso e indeciso. Ao cabo, atreveuse: "Aita, me cambio de equipo. Vuelvo a ser del Barça". Antes de que puidese asimilar a traizón, o meu pequeno xa se erguera e fora buscar o seu libro de problemas de xadrez. Nese intre, aínda ignoro a ligazón, veuseme á cabeza o que conta Brenan Behan en Mi Nueva York. Fai referencia a unha actriz que aseguraba que fracasara en Hollywood por mor da bebida: "Nin era tan boa actriz como para fracasar nin era tan alcoólica", desvelaba o escritor. 

 

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Eu tampouco lle pedín nada. Pero si me anuncia que onte era do Athletic pola mañá, podería manter o decoro cando menos ata a fin do partido
Répondre
S
Ai, que difícil é manter aos fillos na correcta liña futbolística! A min o maior fíxoseme do Madrid unha época, pero quitouseme a tempo, cando xa estaba a piques de metelo no centro Reto.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité