Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 mai 2012

DE THIERRY A MR. BRAINWASH EN NOVA YORK, DE IRIBARNE A FRAGA EN INTERECONOMÍA

grafitti

Mr. Brainwash érame un nome descoñecido. Un murmurio sobre un documental seguindo a Bansky soábame, pero non os relacionaba. Cando aínda non era Mr.Brainwash, atopábase varios niveles por baixo, no de Thierry Guetta, un francés que se deslocara ás megaurbes de Estados Unidos cunha cámara de vídeo para gravar grafiteiros traballando. O seu éxito daquela consistiu en que o encarapuchado e escuro Bansky lle permitise achegarse a el e mesmo filmalo no seu obradoiro. Thierry rexistraba dun xeito continuo e irracional cada intre da súa existencia porque sentía un pánico dominante a ese xeito no que o tempo nos varre as vidas polo pés. A nai morréralle cando tiña 11 anos. As imaxes eran o seu xeito de apreixar o alento dos que aínda lle quedaban. Feijoo tamén se sente imantado pola imaxe. Durante moitos anos foi Thierry, traballando na realización, da banda do obxectivo, pero, como o galo, atreveuse a cruzar de beira. Thierry decidiu que podía ser un Bansky a cara descuberta, como Feijoo confía en ser Fraga. Antón Baamonde xa lle indicaba nun artigo que a presada de votos potenciais que lle faltan para a maioría absoluta se lle resistían por non ser o vilalbés. Acadar a categoría de Iribarne en canto a capacidade organizativa non lle abonda se non logra ser un Fraga-galego-coma-ti. Thierry erixiuse como Mr. Brainwash nunha exposición a tumba aberta, con todo o seu patrimonio pousado no cadriño de 13 vermello. O seu personaxe non deixaba de ser calcomanías de Andy Warhol con moitas horas noturnas de rúa en Los Angeles e relecturas do libro de Norman Mailer sobre a arte pop e clandestina do esprai, pero deu convencido a uns cantos ricos e famosos con ganas de seren os primeiros en quitar a chequeira. A arte nestes anos de sobranza non deixou de ser unha feira das vanidades que pouco ten que ver coa arte. Feijoo soubo ver que necesita máis Galiza para seguir durmindo en Monte Pío, tanto nun plano fondo de reclamación para si da cultura nacional coma no máis superficial de tradicións festivas. Niso reside a raíz da queimada en Intereconomía sobre a que fai crónica Manuel Bragado, en suxerirse coma esa garantía que representaban Fraga e Iribarne para a maioría deste pobo.


Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité