Young_6

Si, está ben que ascenda o Deportivo e agardo a que o Celta suba canda el o domingo. Está ben o orgullo de Pemex, por moito que empuxe a Pachi Vázquez ao páramo da desconfianza. O fútbol pode servir para axitar as moléculas da estima nacional, os contratos Feijoo-México para prender algúns lumes de actividades nesta longa avenida na que se van apagando unha farola tras outra nunha poda lumínica que apunta a non ter paradura. "Cada xeración debe afrontar a súa propia cegueira", condeanos André Glucksmann. Aco estamos nós, afrontando a nosa, pagando iso que Peter Stoderlijk chama "a democratización do luxo", se ben el considera "o tranquilo amoreamento de riqueza do século XX" como un signo positivo do progreso humano. De pouco serve que Rajoy arquee as costas simulando benestar nunha rolda de prensa programada con urxencia -e polo tanto, torpeza- na sede dun seu partido político. Os detentadores dos capitais desconfian do presidente do Goberno estatal non porque o sitúen na estirpe de Zapatero, como parece deducirse do seu aceno convocatorio, senón porque desconfían de cada palabra súa cunha pureza abstracta, que nada ten que ver coa espazo dende o que transmita os argumentos con esa solidez que se vai esluír en menos dunha semana. A medida de que o gobernante español se convenza de que su palabra es papel de trituradora, atenderá con maior empeño, se cabe, ao apuntalamento de Bankia. No caso dese salvamento e socorrismo dese banco non deixo de ver diante de min as coordenadas Madrid e Partido Popular como cooperadoras necesarias. Guy Debord xa lideraba os situacionistas en 1963 formulando aquilo tan hippy de "o poder non crea nada, recupera". Niso andan, con fondos da xeralidade. E, por moi perplexo que me deixe, debo darlle a razón a Debord. Aínda que a descrición con mellor puntería do status quo actual formulouna trinta anos máis tarde, en 1993, en Esa mala fama (Pepitas de Calabaza, 2011): "A especulación converteuse no elemento soberano da propiedade en todas as partes, e gobérnanos máis ou menos, segundo as preponderancias locais, en torno ás bolsas, os estados ou as mafias, federados nunha especie de democracia das elites da especulación. O demais é miseria. En todas as partes, o exceso de simulacro explotou do mesmo modo que Chernobil, sementando a morte de forma tan veloz e masiva como a desorde. Xa nada funciona, e se cre xa nada".

Photo: Gridlock. Natalie Young