jeudi 31 mai 2012

"ENCANTOUME O TEU SHOW, TES QUE VIR AO MEU"

AS DECISIÓNS tómanse por un motivo. Escuro, indescrifrado; pero todo responde a unha pregunta. A natureza subordinada da TDT marca que cada cadea deba buscar o seu espazo. Intereconomía procurou un público español, católico, heterosexual, bebedor de Ribera del Duero e conservador. O perímetro do target estaba marcadamente delimitado. Sabían a quen falaban e todos os programas da cadea apuntaban na mesma diana. Contra Zapatero viviron por riba das súas posibilidades televisivas porque abriron o paraugas do revés para recoller o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:57 - Commentaires [3] - Permalien [#]

mercredi 30 mai 2012

ESA MALA FAMA

Si, está ben que ascenda o Deportivo e agardo a que o Celta suba canda el o domingo. Está ben o orgullo de Pemex, por moito que empuxe a Pachi Vázquez ao páramo da desconfianza. O fútbol pode servir para axitar as moléculas da estima nacional, os contratos Feijoo-México para prender algúns lumes de actividades nesta longa avenida na que se van apagando unha farola tras outra nunha poda lumínica que apunta a non ter paradura. "Cada xeración debe afrontar a súa propia cegueira", condeanos André Glucksmann. Aco estamos nós, afrontando... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:30 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 29 mai 2012

37 ANOS, 37 CAIXAS

Comecei a escribir a miña biografía en 2002. O meu pai viña de chamarme por teléfono. A súa voz chegábame derrotada e áspera, recendía a morte no sentido agarimoso de descanso. El nunca chamaba a ningún dos seus cinco fillos porque respondía ao modelo do seu tempo: as relacións intrafamiliares eran algo asignado ás mulleres. Tampouco é que se despreocupase. Logo de que a miña nai colgase o teléfono requeríalle as novas. Aquela noite marcara no supletorio porque eu cambiaba de piso. Quería saber os detalles da mudanza, o xeito no... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 28 mai 2012

DE THIERRY A MR. BRAINWASH EN NOVA YORK, DE IRIBARNE A FRAGA EN INTERECONOMÍA

Mr. Brainwash érame un nome descoñecido. Un murmurio sobre un documental seguindo a Bansky soábame, pero non os relacionaba. Cando aínda non era Mr.Brainwash, atopábase varios niveles por baixo, no de Thierry Guetta, un francés que se deslocara ás megaurbes de Estados Unidos cunha cámara de vídeo para gravar grafiteiros traballando. O seu éxito daquela consistiu en que o encarapuchado e escuro Bansky lle permitise achegarse a el e mesmo filmalo no seu obradoiro. Thierry rexistraba dun xeito continuo e irracional cada intre da súa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 27 mai 2012

ENTRE BRANCOS E MORENOS

A DIFERENZA entre ovos brancos e morenos ocupoume ben de horas hai uns anos. Mesmo teño comprado unha ducia de cada cor para tratar de concretar as diferenzas de sabor, texturas, cores e tempos de cocción. Máis ou menos coma Nathan Myhrvold para facer o libro Modern Cuisinist. Convertín a cociña nunha estación de tren británica na que os afeccionados ao trainspotting van anotando os tempos de partida e chegada dos trens. Xa saben un caderno e un cronómetro, soamente me faltaba un deses arco iris que usan os pintores para decidir... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 26 mai 2012

"AITA, ME CAMBIO DE EQUIPO"

Eu son do Athletic de Bilbao por ósmose. Nunca titubeei niso. Os meus avós por ambas as partes seguían a ese equipo. Os meus pais, tíos, curmáns e máis os meus irmáns profesaban a mesma certeza. Afortunadamente non somos existencialistas como os do Atlético de Madrid, polo que nunca faremos un anuncio cun fillo que cuestiona asuntos que se dan por certidumes. Os bilbaínos somos do Athletic per se, aínda que logo lle poidamos engadir fachenda ridícula e autoparodia escarnizante. O fútbol non me atrae nin un terzo do que lle apaixoaba... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:36 - Commentaires [2] - Permalien [#]

vendredi 25 mai 2012

UN ZAPATO DA TALLA 40, UN COCHE DE SEGUNDA MAN

PEDRO COMPROU un Renault Clío de segunda man. Aínda comezando maio subiu ata o cumio dos 80 anos. Dende que mercou o coche, érguese polas mañás, prepara un café e senta na entrada da casa. Enfronte está o alpendre no que garda o automóbil. Sonia anda apurando a trintena. A primeiros de mes, segundo cobra, merca uns zapatos da talla 40. Volve a casa para pasealos diante dun espello de corpo enteiro que ten no dormitorio. Carlos é xuíz que traballa arreo: media semana en Madrid e a outra en Puerto Banús. Rodrigo estaba empregado nun... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 24 mai 2012

UNHA BIBLIA SOBRE A QUE SENTAR NA ESTRADA

O que si fixen moito é ler a Biblia. De atrás para adiante nun par de voltas, pero por fascículos e deténdome nas esceas máis espectaculares moitas máis. Daquela, de neno, estaba convencido de que as Sagradas Escrituras eran coma os puntos de Spar que pegaba a miña nai no álbum para que cambialos por unha cafeteira italiana ou unha batidora. A máis lecturas, máis posibilidades de salvación. Arder no Inferno era unha desgraza que Hollywood me presentaba coma terrible coas súas películas sobre a Inquisición española. Sor Rosario, unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:25 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mercredi 23 mai 2012

SE O QUE VAS ASUBIAR NON É MÁIS BELO CO SILENCIO

Se o que vas asubiar non é mais belo co silencio, asubía. Asubía porque os gobernantes deben saber todo o que che desagrada. Pode que non che guste esa marcha militar tan estrondosa que lle impuxeron coma himno ao Reino de España nin esa coroa que deberían trasladar a un museo de Historia por ser un luxo suntuario en época de aforro selvaxe. Nada hai máis democrático que poder expresarse con liberdade, con asubíos mesmo. Sen ir alén. Se non fose porque Esperanza Aguirre disparou ao aire co futbol do venres por 2.000 millóns de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 22 mai 2012

QUE VOLVA A PESETA, PERO COA CARA DE FRANCO

A peseta era biográfica. Contábanos a historia de Cerillita, un miñaxoia de malcomer alentado a base de Pelargón que deu reinado nun estenso territorio entre o sur de Francia e o norte de África. Houbo unha evolución no seu perfil nas rubias, dende cabezolo próspero dos 50 á efixie de xogar ao dominó con parkinson nos 70. Os euros non cambian, non contan nada. A cara de El Rei parece inmune ás rabuñaduras do tempo, afronta hierático as axitadas treboadas da opinión popular. O dramatismo que transmitía a peseta de cando gobernaba... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]