vendredi 11 mai 2012

PAGAREMOS A ESCOTE PARA QUE MADRID NON QUEDE SEN BANCO

O SÁBADO MIREI en Telemadrid un documental sobre Os Pelayos. A reportaxe estaba marcada pola estética ferinte dos casinos ‘on line’ e ‘off line’. Seica eses señores desenvolveron unha técnica estatística para forzar o azar. En calquera país luterano, ese enxeño e ese esforzo irían dedicados a montar unha fábrica; nos sur católico de Europa, o empeño vai en dereitura a reconducir o porvir nun enriquecemento innmediato. Houbo outros ‘pelayos’ que asaltaron Neguri, o elegantísimo casino no que reside a burguesía bilbaína, arrepiñando o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 10 mai 2012

UN REPARTIDOR DE TELENQUISA REACTIVA GALICIA

AS ELECCIÓNS deberían celebrarse cada dous anos. Un ano, como na vella Roma, sería un período escaso para desenvolver proxectos, pero catro imitan un milenio neste tempo no que Twitter avellenta ata a tirada en edición vespertina do asomo da Lúa. Mesmo hai países, coma o noso, no que semella positivo que haxa enquisas discretamente encargadas polo partido gobernante de quenda. Deberían darlles unha maioría incerta por acordo do Hórreo; acordo unánime, como o de Benigno Sánchez, que menos! Un repartidor de Telenquisa ascendeu coa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:20 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 9 mai 2012

PATXI ETA ANDONI ABANDOAN O CONCERTO

Na Comunidade Autónoma Vasca, nesa terceira parte do Basqueland, tamén temos grupos de sona. A Jeltzale Big Band (EAJ-PNV) asentouse no alto das listas durante tres décadas, ata que Patxi eta Andoni, denunciaron os contratos da banda indie Batasuna -a min non me gustaban nada, pero non vexo argumento- aumentando os bolos. Mesmo o dúo ocupou a escea vasca durante os tres últimos anos cun repertorio de canción lixeira que atrae a poucos euskomelómanos. Patxi López e Andoni Basagoiti tocaron xuntos, pero nunca amosaron... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 8 mai 2012

ESTÁ TODO MOI ESCURO

"Estos son los días de nuestra juventud, los que recordaremos siempre", cantan os meus cativos na ducha. Dende que comezaron a súa breve e despreocupada andaina sobre a pel da Terra gozaron do acougo de ter cuberto canto requeremento físico, educativo ou emocional puideron sentir. Hai nenos, mesmo no seu entorno de clase media urbana, que empezan a botar en falta algunhas diversións audiovisuais, ciberámbitos de pago e caprichos gustativos concretos. Supoño que, ao cabo, cando a vida os vaia desprazando alén da mediana idade,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:54 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 7 mai 2012

AS NOVELAS HEMOFÍLICAS

PÉREZ REVERTE está de xornada de portas abertas cunha obra futura. O autor abriu un blog no que vai explicando o seu traballo para redactar o texto: como se moldea un personaxe para que respire, o xeito de conseguir os datos para unha partida de xadrez con trascendencia na trama central ou un borrador de diálogo. Reverte non me suxire emocións recoñocibles como escritor nin como cartaxinés; as súas revisións das novelas marciais do XVIII parécenme destinadas a unha campaña de Esperanza Aguirre, pero a proposta é suxestiva. Ofrece... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 6 mai 2012

SEI DUN SITIO PARA COMER....

HAI UN NÚMERO limitado de comensais dos que te podes fiar para xantar dun xeito sensato a un prezo equilibrado —Ive incluído—. Cando te citas con intención de ir comer con varias persoas, sempre hai un alma de pioneiro. «Eu coñezo un sitio...», apunta para transmitir que sabe dun restaurante na túa cidade diante do que pasas inadvertido cada vez que camiñas por diante no que ofrece unha gastronomía fabulosa, para indicar que é un ‘connaisseur’ e, o peor de todo, que se propós unha alternativa quedarás de competitivo resabiado e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 5 mai 2012

O VALEDOR DO POBO NO OUTLET

O valedor do Pobo viña sendo unha institución coma a avoa da familia. Hai que mantela porque tampouco é cousa de esquecer de darlle as pílulas da tensión, pero tampouco se lle presta atención porque murmuria e desvaría falando dende unha dimensión marchada. Andou aí, sensatamente apartadiña, con José Cora y con Vázquez Sandes. Pero no 2007 os tres partidos representados na cámara aceptaron que Benigno López era o seu home para sacar a figura dos sotos a que lle dese un aire. Precisaban que se coñece a instituciçón porque,para os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 4 mai 2012

AS PONTES DE KÖNIGSBERG

EU ESTABA NUNHA desas colas que deixan medrar os bancos diante dos mostradores para que lles fagamos parte do traballo por internet evitándolles uns custos laborais. Un vellote avisounos: «Pidan billetes novos, que Rodrigo Rato vai quedar con todos». Ao primeiro, tomeino a broma, pero a sensibilidade económica está tan vermella e tan supurante, que estiven por seguir o consello cando me tocase a quenda. Acordei do problema das pontes de Königsberg. Entre os científicos locais formulouse no século XVIII o desafío matemático de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 3 mai 2012

RAJOY NUNCA NOS FALOU SOBRE A TEORÍA DA RELATIVIDADE

A teima de reducir investimento en Educación tenme desconcertado. Ben sei que os políticos Reino de España non son persoas de lectura devota nin sequera de lectura distraída. Ao cabo, para ser representante público precísase entrar nas listas, pero excusa un de memorizar textos para opositar. Iso sempre dá unha certa riqueza de vocabulario. Rajoy insiste en tirar profesores das aulas e non debería ignorar que o saber podería axudarlle nese fallo que el atopa no seu xeito de gobernar: a política de comunicación. Onde outros sinalan... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 2 mai 2012

CANDO PETAN NA PORTA SANTA POLA NOITE

Botei estes días cunha tos seca e de orixe indeterminada que coido para que non empeore porque iso suporía enfrontarme aos refugallos dun sistema sanitario que defendía argumentaria e casuisticamente cando debatía cun amigo que confunde militar en UPyD con ser liberal. Quéroo tanto como se fose coherente. Reparaba onte, regresando dunha diada en Ribadeo cara a Lugo, en que o sistema sanitario son desgrazas que nos pasan por vivir no Reino de España, moi botados das últimas estremeiras do Heiliges Römisches Reich, ese... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]