Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 juin 2012

B DE RODRIGO RATO NA ENCICLOPEDIA BRITÁNICA

post soviet

A democracia provoca unha leve inseguridade nos españois. Prefiren que alguén decida por eles o nome do adestrador, para que, transcorrido o tempo das análises e os visionados, este lea en voz alta a lista de ministros convocados. Villarato, disque. Aznar deixou en 2003 que a súa soberbia dominase ese corpus inescrutable que son "os intereses de España" dixitalizando a Mariano Rajoy como director deportivo para un partido que estaba gañado. Despois, o lameiro de imprecisións retortas sobre a Guerra de Irak e o 11M impediron o blitzkrieg adiando a vitoria. Ao cabo, chegou o K.O., máis ca nada porque o rival, Zapatero, botara unha lexislatura nos biosbardos. Cando erguera o brazo do pontevedrés, o expresidente alteraba a selección biolóxica do candidato máis dotado e asemade afastaba a Rodrigo Rato da súa páxina nese Diccionario Biográfico Español tan condescendiente cos ditadores. A alteración estamos comezando a aboala -e o que nos queda- tanto no goberno do Reino de España como en Bankia. Constatada a incapacidade de Rato no FMI, houbemos de constatar a incapacidade en Bankia. A interelación de narcisismo entrou de novo en escea, porque o exministro, lonxe de indicar humildade postdespedimento, exhibiu unha carraxe inapropiada dando a entender que el era unha vítima máis das perversións económicas que vehiculan a sociedade. No canto de levar ao cantón a xestión do banco madrileño-conservador para que os investidores empecen a confiar neste  chafalleiro estado do sur de Europa, o Partido Popular decidiu embozar a cuestión. Actúan coma a Enciclopedia Británica de cara aos seus lectores rusos na Idade do Xelo. Remitiulles o volume correspondente á letra B, que incluía unha entrada a nome de Beria na que se sinalaban todas as cousas feas que lle recetara Nikita Jruschov. Ao decatárense de que o contido da edición xeral era inaxeitado para un comunista de lei, business are business, pediron aos seus clientes soviéticos que arrincasen  e rachasen a folla na que se defendía ao traidor porque ían remitirlles outra limpa de incomodidades, unha vez corrixida coa verdade oficial que sempre ten a garantía de ser máis certa.

Photo: Post soviet grafitti (Moscow, march 2012) Nicholas Van Beek

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité