Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 juin 2012

FUMADOS DE MARIHUANA, ENCHOUPADOS EN TEQUILA

tonifrisell

YUMA DEFINÍASE como «o derradeiro hippy». Causaba a envexa de todos os rapaces de Ribadeo, mesmo dos que situábamos imperdibles e chapas dos Sex Pistols en agochos das nosas roupas a salvo das nosas nais. Yuma levábamos trinta anos a moitos e corenta a algúns, pero ousaba ser libre; algo co que non nos atreviamos nin a soñar. Andaba polas xeografías peninsulares do mesmo xeito doméstico no que Brendan Behan cruzaba o Nova York dos 60 —cóntao en ‘Mi Nueva York’ (Marbot)— para ir atopando un irlandés tras outro ou calquera pegada con recendo a sotana, IRA ou Yeats. Yuma practicaba un xogo da oca que garantía a súa supervivencia a base de buscar coñecidos ribadenses alá onde ía: comía na lustrada cociña do Marchica ovetense porque Fufino, o cociñeiro era paisano; vestía no pazo da Moncloa porque Calvo-Sotelo era presidente. Jack Kerouac marchou dun xeito diferente. A súa idea primeira era embarcar durante un tempo longo, pero acabou marchando cara ao oeste nun autobús que foi enlazando con camións que o collen a dedo para nunca volver. A raíz da película de Walter Salles hai lectores recuperando a tradución de ‘En la carretera’ que Anagrama fixo hai tres anos. O rolo no que Kerouac escribiu a obra foi restaurado como se fosen os textos de Qunrám. A prosa gaña en frescura jazzística con esta nova versión. A viaxe de Kerouac non busca a orixe como Yuma, é unha fuxida convencida cara a ningures. Ese ningures ten a feitura dun México no que os fuxitivos bailan cunhas prostitutas fumados de marihuana e enchoupados en tequila. Sen sequera pensar na mañá seguinte.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité