lundi 4 juin 2012

FUMADOS DE MARIHUANA, ENCHOUPADOS EN TEQUILA

YUMA DEFINÍASE como «o derradeiro hippy». Causaba a envexa de todos os rapaces de Ribadeo, mesmo dos que situábamos imperdibles e chapas dos Sex Pistols en agochos das nosas roupas a salvo das nosas nais. Yuma levábamos trinta anos a moitos e corenta a algúns, pero ousaba ser libre; algo co que non nos atreviamos nin a soñar. Andaba polas xeografías peninsulares do mesmo xeito doméstico no que Brendan Behan cruzaba o Nova York dos 60 —cóntao en ‘Mi Nueva York’ (Marbot)— para ir atopando un irlandés tras outro ou calquera pegada con... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]