
JOSÉ LUIS BALTAR pensaba vagariño as súas fabulosas argalladas, pero era un botaporela apresado cando falaba. "Despois de Fraga, democracia!", chegou a proclamar vestido coas ropaxes La Liberté que nos pintou Eugène Delacroix. Esa tetada de fóra, hoxendía, xeraría milleiros de visitas no You Tube. A frase berrouna cando o triángulo de equilibrios variables o ligaba a Cuíña pai e Cacharro para suceder o Vello. Xuraría que nin era consciente da acusación que transportaban esas palabras. José Luis Baltar errou no obxectivo,...
[Lire la suite]