Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 juin 2012

MARINA CASTAÑO E A VANTAXE DE IGNORAR O SISTEMA MÉTRICO

shutterspeedleft

A ECONOMÍA PROVÓCAME ataques de pánico: veño de escoitar a Marina Castaño nunha tertulia noturna de 13TV que foi "conselleira dunha caixa de aforros". No caso de que non sexa unha lembranza transferida da periodista e escritora (sic), comprendo o fracaso deste sistema de banca nacionalizada por provincias. A exazafata de congresos está situada nunha banda de tertulianos, tendo enfronte a Gotzone Mora -que dá clase nunha universidade á que non mandarei os fillos- e a unha gavela de dereitistas almidonados en negro que non me vou molestar en identificar. Marina non debe, xa que logo, preocuparse da carga intelectual dos seus comentarios alén de non esquecer de poñer a feder aos sindicalistas nin de confirmar iso que anda ceibando Paco Marhuenda de que o 15M corre o risco de acabar en reformulación de Batasuna con Arnaldo Otegi coma burukide. Non dubido que Marina sabe de economía porque, logo de saír do plató, revisará na blackberry as cifras que lles quedan nos bancos ata sumar os cinco millóns de euros que lle quedou a deber a Camilo José Cela Conde. Ela, como exconselleira dunha entidade financieira, debería saber que os billetes non teñen corazón. Os edificios teñen, porque dentro deles viven persoas. A xefa de Costas de Pontevedra, Cristina Paz-Curbera identifícase co "pobre" Telmo Martín, ao que multaron os seus perpetrando "unha canallada" porque o grafiado dos planos do seu departamento empuxou un edificio erguido por Construcuatro un metro cara á costa, situándoo a 19 no canto de pousala aos 20 legais. Asumo que ser construtor excusa de coñecer o sistema métrico e as súas aplicacións prácticas. E, estou de bo humor, asumo que, identificada con Martín na inxustiza, a xefa de Costas amose esa nova faciana da administración compasiva.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité