
A ECONOMÍA PROVÓCAME ataques de pánico: veño de escoitar a Marina Castaño nunha tertulia noturna de 13TV que foi "conselleira dunha caixa de aforros". No caso de que non sexa unha lembranza transferida da periodista e escritora (sic), comprendo o fracaso deste sistema de banca nacionalizada por provincias. A exazafata de congresos está situada nunha banda de tertulianos, tendo enfronte a Gotzone Mora -que dá clase nunha universidade á que non mandarei os fillos- e a unha gavela de dereitistas almidonados en negro que non me vou...
[Lire la suite]