Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 juin 2012

BÓLAS DE PAPEL DE ALUMINIO

Jeff1

A SUBASTA da finca Ambiciones é unha luz que agoniza. Se a familia Janeiro precisa dun rescate é que a prensa do corazón quedou atrapada na recesión. Despois será o fútbol. Tanto afán democratizador do coñecemento resultou negativo. A sabedoría popular sobre fillos bastardos dos famosos ou os motivos para que xogue un punta trasladouse á economía. Agora todos sabemos do diferenzal de débeda e aledámonos con conciencia de que a prima de risco baixe dos 500. Meses atrás os expertos sufrían arritimias ventriculares temendo sobrepasar os 400. Despois de entregar o dominio da información sobre cantantes, artistas e adosados seus ao pobo; despois de asentir que calquera xestione un equipo no PcLiga, convidamos ás masas a achegar iniciativas anticrise. A miña tía Feli collía o papel de aluminio que envolvía o chocolate Nestlé da merenda para ir pegándoo en bólas. «Son para cambialas por negriños escravizados en África», desveloume en voz baixa unha tarde chuviñenta. Retruquei que os africanos poderían vestir lixeiro, pero non eran necesariamente parvos. Redobrou a argumentación engadindo que «pensan que é un tesouro». Unha vez aberto o cantón ás opinións de calquera, mellor non lles contamos aos rescatadores alemáns que Marina Castaño foi conselleira da Caja de Ahorros Provincial de Guadalajara nin que Mario Conde anda dando conferencias sobre economía en modo Joseph Stiglitz. Para que non se indignen, máis ca nada.

Photo: Zakouma(Chad) October 2008. Jeff Hutchens

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité