
A marabilla repetiuse como vos digo: montar no Clío, premer no segmento azul que acciona o cd e soar 'Stoned & Dethroned'. Hai 18 anos se reitera o mesmo álbum cando viaxo só nese coche. Dende aquela conduzo de regreso a ese mesmo lugar no que me asentei en 1994. Nesa altura soou por primeira volta na meu dial interior ese disco dos Jesus & Mary Chain. Dende aquela, prendo o reprodutor ao montar no coche verde botella e salto no baleiro cara atrás a 1994. Eu conducía cara a Bóveda para impartir un obradoiro nun colexio...
[Lire la suite]