Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 juin 2012

UN POLO BEN XUBILOSO

coronation_chicken2

A SEMANA PASADA comprobei o xeito explícito no que os británicos están tratando de mellorar a sona da súa gastronomía. O comentario popular é que nesas illas atlánticas se come mal, como se noutras sitios se comese excepcionalmente en calquera baiuca. Decateime cando cumprín co rito bianual de mercar unha botella de xenebra Beefeater. Made in London, made in London; lin nos lombos da botella, antes comprobar que a etiqueta remarca que se elabora en Montford Place, no mesmo Londres.

Aprobo que os ingleses tiren desta moda de consumir gin tonic para que brille o nome da súa mesa. De algo ten que servir que  calquera cobebedor che dea unha lección maxistral que nin pediches nin che interesa sobre a intensidade da xenebra ou a dozura xusta da Fever-Tree. A algúns xa nos sabía o gin tonic antes deste diluvio de experiencia sobrevida e nos seguirá sabendo unha vez a onda se tralade a outra bebida espiritousa. A única receita é, como cando cae un ballón, poñerse a cuberto asentindo con oídos xordos ao interlocutor pedante, e agardar a que escampe.

A miña avoa materna transmitiume anglofilia pola vía consuetudinaria sendo neno. Ela amaba a marmelada amarga de laranxa, as novelas de Agatha Christie e os autobuses vermellos de dous andares nos que montaba no Bilbao dos 70. O seu éxito coa súa devoción pola monarquía de Westminster foi menor.

Aínda así, provocoume unha curiosidade polo que se comía en Londres hai sesenta anos, cando Sabela II sentou no trono. 

Un dos pratos que me fai máis chiste é o Coronation Chicken, o polo da coroación. Os ingleses adoitan comelo en sandwich como algo tradicional, aínda que a orixe non vai alén de 1953. Nos preparativos do banquete para a coroación de Sabela II, Rosemary Hume estaba pensando nunha versión actualizada do Jubilee Chicken, ideado co gallo do xubileo de George V, en 1935. O polo ía con mahonesa e curri. Unha florista atreveuse a suxerirlle usar o polo frío e máis o curri para engardirlle un aliño de coco rallados, pasas e ‘chutney’ de mango. Aínda no cincuenta aniversario da actual raíña, en 2002, se lle deu unha volta á receita.

Como se deduce dos ingredentes que se lle botan, o prato atende a fontes orientais. Non en van, o Imperio Británico rexe o mundo, como dicían nos bos tempos. A xenebra, de Londres; of course.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité