Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 juin 2012

O COROLARIO NO QUE HABITA RAJOY

 american suburb

SI, BEN SEI que foi algo en absoluto normal. Se fose habitual ou cando menos sensato, non o contaría no Cabaret. Confeso que onte, domingo, erguínme ás 8.00 da mañá. Durmira unhas seis horas, como adoito, e as costas mancaban como se fose un soldado turco o que Vlad Draculea mandara chantar nun poste afiado. Puxen un café calculando que era o primeiro día do resto da miña vida como cidadán dun estado intervido. A familia, incluído Gaddafi, durmiñaba sobre as grellas en brasa do incendio que prendera De Guindos na tarde anterior. Déuseme, e aquí vén o estrano do meu comportamento, por empezar as 956 páxinas de Origen y presente (Atalanta, 2009), de Jean Gebser. Acougade, desconfío de lelas todas. Boteille man un pouco como descanso de A cidade e os días (Xerais,2009), o curioso dietario histórico sobre Vigo que escribiu Álvarez Blázquez e que nos deitaron en galego Manuel Bragado e Xosé Pablo Sánchez Mato. O libro de Blázquez vai saltando dende o século X ao XIX, salferindo a crónica de aconteceres fundacionais da sociedade olívica e de anécdotas esclarecedoras. A súa lectura confirmoume o que lle leo a Gebser cando cita a Shakespeare en Corolario de que "as nosas virtudes sométense á opinión do noso tempo". Mariano Rajoy botou toda a fin de semana fuxindo da opinión do seu tempo. O sábado, cando o Reino de España se sometía ás instrucións de Europa a cambio dun préstamo inmenso, enviou o mediocre do ministro para que falase coa familia da vítima. Onte, aínda tivo a leve decencia de presentarse ante os medios de comunicación que lle serven de intermediarios coa sociedade. Aínda que corrixira o rumbo, non durou moito porque confiou unha vez máis as súas responsabilidades ao azar dos acontecementos facéndose financiar unha viaxe a Polonia para asistir a un partido de fútbol. Acudiu cabo dos -isto soa moi a irmáns Jacob e Wilhelm Grimm- príncipes do Reino de España. O título no alemán en que Gebser escribiu o seu libro é máis revelador: A orixe sempre está presente. Con orixe, refírese a un tempo primitivo, anterior ao tempo categorizado polos humanos. Advirte de que "a crise do noso tempo prepara unha transformación total" que servirá para superar "unha catástrofe global" provocado pola "diminución da conciencia responsable do home". Non lles vou pedir a Rajoy nin aos principiños morganáticos que non fagan escarnio da situación do seu reino evitándonos o espectáculo de deixárense fotografar por toda Europa nun evento deportivo. Tampouco pretendo que saiban do Corolario nin que entendan con Blázquez o xeito o roldar da Historia conforma o carácter dunha cidade, pero moito menos que lean os augurios que escribiu un filósofo alemán en 1949. Viven fóra do tempo que ha xuzgalos, no seu corolario.

Photo: Notes for the margin of a spoiled identity (1988) Diane Arbus

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité