
SI, BEN SEI que foi algo en absoluto normal. Se fose habitual ou cando menos sensato, non o contaría no Cabaret. Confeso que onte, domingo, erguínme ás 8.00 da mañá. Durmira unhas seis horas, como adoito, e as costas mancaban como se fose un soldado turco o que Vlad Draculea mandara chantar nun poste afiado. Puxen un café calculando que era o primeiro día do resto da miña vida como cidadán dun estado intervido. A familia, incluído Gaddafi, durmiñaba sobre as grellas en brasa do incendio que prendera De Guindos na tarde...
[Lire la suite]