Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 juin 2012

UNHA LECTURA PARA DOUS OU TRES VERÁNS

Huts_01

AS LECTURAS de verán son como a solidariedade ou os cursos de inglés. Esas cuestións coas que planificamos encher o lecer e que, chegado o tempo, desfanse coma a solidez do euro. Para a lectura  estival teño reservado 1Q84 (Galaxia), de Haruki Murakami, e máis o Ulises, nunha preciosa edición que me regalou Planeta tras poñerme na disxuntiva baleira de elexir entre Joyce e Ruiz Zafón. A literatura xuvenil disfrazada de adulta paréceme artificial e forzada. O ano pasado tiven de lectura de verán 1Q84. Tamén. Entre horas de garda paterna na piscina e ser O vixilante entre o centeo (acertada edición en Xerais) nun parque infantil de Ribadeo dei avanzadas 400 páxinas das 1.600 totais. Con isto, quero recoñecer como probable que 1Q84 volva ser lectura de verán no estío do 2013, unha vez enfriada a prima de risco. No seu texto, Murakami pon en boca dun editor a necesidade de medir o tempo e a estensión das novelas. «Hai un tempo de aumentar e un tempo de reducir», asegura. O autor xaponés debeu de esquecer de aplicar o segundo para armar unha novela correcta antes de entregarlla á editorial porque acaba repetindo cousas contadas. Murakami corre tras o Nobel  cunha ansiedade que causa estragos en moitos textos innecesariamente estaricados. Esquecen que mesmo hai poetas que o conseguiron. Aínda así, pouco axuda que se concedera o Príncipe de Asturias a outro señor, Philip Roth, por moito que Murakami teña traducido para o xaponés moitos norteamericanos. A reiteración de datos e foi o motivo de escoller ‘1Q84’ como lectura para dous ou tres veráns, porque non me despisto da trama dun ano para o seguinte.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité