
ELES NON se decataron. Eu observaba dende o segundo andar dun edificio céntrico en Lugo. Podía miralos dende arriba sentados na cociña da casa. Un chalet adosado precioso. A cortina ficara erguida e a luz era amarela coma un limón maduro, coma nas teas de Hopper. Unha parella de corentóns con oportunidades económicas e dous cativos. Situáranse arredor da mesa a xeito das series de televisión, deixando unha banda libre como se en calquera momento houbesen de compartiren a táboa cun descoñecido, pero sinxelamente era o espazo...
[Lire la suite]