
Occidente está condeado á perspectiva. Nada novo, a perspectiva é algo que nos vén descuberto dende o Renacemento, dende aquel 1327 no que os irmáns Lorezentti representaron a Francisco de Asís cun ceo paisaxístico, escapando do Ceo metafórico. Daquela, a arte comezou a diferenzar home e espazo. A maior lección foi desenvolver unha intuición de abrirse ao mundo que acabaría teorizando Cennino Cennini no Tratato della pintura e aplicando Leonardo da Vinci co sfumato. Nesta axitación actual de incerteza cotiá resulta...
[Lire la suite]