Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 juin 2012

O CRICKET, A XOIA DA COROA


castelo


ANTES O FUTURO estaba en Nacente, a varias horas de voo. Agora a prosperidade bótasenos enriba. Mesmo abren autoescolas para chineses. «Pasou o milenio do Mediterráneo, pasou o do Atlántico e vén o do Pacífico», escoiteille antonte a Sánchez Dragó. En Europa aínda hai quen se resiste a relativizar os símbolos e trata de lexislar os asubios a unha bandeira. En época de Franco, os espectadores de San Mamés facían bailar aos grises. Unha banda entoaba un canto independentista e, cando a Policía corría para mandalos calar, empezaba o coro na banda contaria. Comezou en reivindicación, acabou en espectáculo complementario ao do campo. As habilidades cunha pelota semellan tan intrascendentes como efectivas para distraer. Ás veces sospeitamos que os gobernantes nos poñen o deporte diante porque entre os seus niveis de comprensión hai un básico ao que todos chegamos por pouco que saibamos. Cando lle preguntaron a Robert Mugabe polo mellor que deixaran os ingleses en Zimbaue. «O cricket», contestou. Miguel García, que xugou no Lugo e adestra rapaces, insísteme sempre en que o fútbol non se xoga cos pés, senón coa cabeza. Será o opio do pobo, pero o pobo quere consumilo porque nos distraemos con asuntos que comprendemos. Para inescrutables están os economistas explicando o que aconteceu. Non hai mellores historiadores, pero falan na lingua do oráculos.

Photo: Decaying grace. The abandoned Miranda castle (2012) Michel Bricteux

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité