lundi 18 juin 2012

A FEBRE DA IGUANA

ESTA NOITE QUE MARCHOU padecín a segunda xornada de proceso febril. A miña temperatura mantívose equilibrada, era Antón quen estaba doente. A enfermedade nun fillo de seis anos responsabiliza de xeito que se bota fóra da gradación lóxica. Aumenta xeometricamente cando todo o manexo da situación depende dun único proxenitor. A miña muller atopábase fóra de Lugo tanto na noite do venres como na do sábado, polo que todas as decisións sobre o arroz con polo e as cantidades de Junifen eran unipersoais. Ao longo da fin de semana, entre... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]