Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 juin 2012

A LÓXICA MECANIZADA


greece-147


Os mercados mundiais andaban o domingo tensos, cando menos na tautoloxía periodística, coa broma de que un partido de esquerda que defendía grandilocuencias botase os seus caseiros de Atenas. Os investidores intuían, eu xa o daba por descontado, que os altos voos tanxentes no comunismo de Syriza darían nunha suave aterraxe socialdemócrata no caso de vencer. Por iso eu, eles non, prefería que gañase o partido de Alexis Tsipras. Unicamente porque suporía unha interrupción nunha secuencia. A semana pasada mirei en Odisea un documental sobre o cerebro inconsciente. Un investigador australiano sometía a uns adultos a unhas probas matemáticas sinxelas (sumas e restas dun so dixito). Demostraba que, se resolvemos unha secuencia de operacións dun xeito, acabamos mecanizando a lóxica e aplicándoa a calquera dificultade semellante que se nos presente. Xa que logo, a alternancia Nova Democracia-Pasok-Nova Democracia, é dicir, conservadurismo-socialismo-conservadurismo sen case variación de medidas executivas acaba provocando que os investidores que están financiando a economía internacional e máis Angela Merkel continúen aplicando as mesmas solucións aos mesmos problemas. No caso dos primeiros é compra de euros confiando no revivir da moeda a medio prazo. No caso da segunda, aforro radical en todos os seus países satélites (os que lle quedan ao sur). O científico australiano trataba de anular esa glándula cerebral que nos predispone a actuar sempre do mesmo xeito diante dunha situación que percibimos como idéntica (malia que non o sexa). Quizais o cerebro inconsciente da presidenta de Alemaña respondeu ata o de agora ao benestar achegado pola certidume do tantra que lle aprenderon os asesores. A mudanza grega, sumada a un ánimo de recondución de Barack Obama no G-20, podería ter sido, cando menos, ilusionante.

Photo: My mother and father circa 1966 Vía Basilbloginc


Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité