Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 juin 2012

VACACIÓNS PERMANENTES

pairposingporntimessq-1988-copy

UN DÍA CALQUERA DE 1337 Petrarca sobe ao cumio do monte Ventoso e colle conciencia da perspectiva. "Todo espazo e tempo danse cita acó", escribe nunha frase que Albert Einstein transformaría en fórmulas matemáticas uns séculos máis tarde. Petrarca sae da cidade renacentista para descubrir o seu paraíso, mentres que Luc Sante(1954) asiste á  disolución do seu edén urbano. Sante recoñecía que o seu lugar ideal era unha ringleira de edificios cotrosos sempre a piques de perder cascotes. "Nova York era unha cidade do Terceiro Mundo. Había unha actividade cultural desaforada e podía vivirse por moi poucos cartos", conta en Mata a tus ídolos (Libros del K.O.). Nova York era o Berlín de arestora ou ese monte no que Petrarca "respira o aire de toda Italia", para entendermos. O escritor compartía piso co cineasta Jim Harmusch, que lle devolveu ao compañeiro o primeiro libro, Low life, nas imaxes de Vacacións permanentes, unha película moi digna para unha entrevela. Luc Sante compartía cidade cos poetas Kenneth Koch e Allan Gingsberg, con Patti Smith e Bob Dylan principiantes, con Robert Mappelthorpe,... ningún lugar do mundo podería ser máis emocionante. Pero empezou a decadencia. Apagouse a música de Johnny Thunder e Joey Ramone, esborrallouse o talento pop art de Basquiat. Sante intuíu que todo acababa "cando Astor Place se converteu nun enorme mercadiño con optimistas "que pretendían endosarche calquera cousa que apañaran na basura na noite anterior". Ficara claro que "o capitalismo non se ía cruzar de brazos" e arremangou ao alcalde Rudolf Giulianni. O rexedor deu un mangueirazo a Nova York para convertela nunha cidade na que "nin se cruzaba polo medio da rúa nin se cuspía na beirarrúa". Sante marchou residir a unha vila. Daba, ao seu xeito, a razón ao pastoril Petrarca.

Photo: Pair posing porn time (1988). Matt Weber

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité