Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 juin 2012

UNHA MONTAÑA RUSA

john-gutman-the-artist-lives-dengerously-san-francisco-1938-c2a91998-center-for-creative-photography-arizona-board-of-regents


O PAÍS SEMELLA avanzar nunha montaña rusa. Ascende vagariño e baixa aceleradamente, pero non pode saír deses raís polos que corre dende hai décadas. Xosé Ramón Barreiro vén de agasallarnos cun emocionante e curiosísimo volume sobre Murguía (Murguía, Galaxia) no que se nos revela como o home máis decisivo e asemade máis positivo para Galicia. Escribo positivo porque Francisco Franco tamén foi decisivo. A caixa que nos abre Barreiro permítenos decatarnos de que foi quen encarrilou a conciencia de nación como tal, aínda que el pensaba que era unha vía con destino no porvir e sorprenderíase se descubrise este circuíto pechado dende hai século e medio. Os tempos son melancólicos e teiman en recollérense en si propios. O capitán xeral de Galicia, Nazario Eguía, abre en 1829 unha carta que lle estoupa; o militar Miguel Solís y Cueto reclama que se respecte a identidade diferenzada de Galicia en 1846; os liberais curzan barriadas nas rúas para combateren a monarquía en 1848; os universitarios declaran a folga pola suba das taxas en 1851,...

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité