
O PAÍS SEMELLA avanzar nunha montaña rusa. Ascende vagariño e baixa aceleradamente, pero non pode saír deses raís polos que corre dende hai décadas. Xosé Ramón Barreiro vén de agasallarnos cun emocionante e curiosísimo volume sobre Murguía (Murguía, Galaxia) no que se nos revela como o home máis decisivo e asemade máis positivo para Galicia. Escribo positivo porque Francisco Franco tamén foi decisivo. A caixa que nos abre Barreiro permítenos decatarnos de que foi quen encarrilou a conciencia de nación como tal, aínda que el...
[Lire la suite]