Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 juin 2012

UNHA LAVANDERÍA EN EUROPA

Despard-row2


GEORGE ORWELL decidiu ser el mesmo en 1928. Cesou de ser policía do Imperio Británico en Birmania para ser comunista e escritor. Marchou a París para axudar a pobres. Non fixo como esoutros que son marxistas por persoa interposta; eses que, como di Slavoj Zizek, finxen que cren en Papa Nöel polo ben dos fillos. Logo de chegar á capital francesa, tratou de contactar co partido comunista, daquela censurado pola autoridade. Indicáronlle unha lavandería. Segundo chegou, os camaradas rifárono pola pouca roupa sucia que levaba porque iso podía estranar á Policía. Os cartos nin lle cubrían para alimentos, polo que non mercaba nada que non fose comestible. Informou aos clandestinos sobre as súas circunstancias británicas, ideolóxicas e literarias. A aparición resultou feliz porque andaban na procura dun reporteiro que escribise sobre Gran Bretaña para un semanario ruso. Antes de contratalo, os comunistas da lavandería preguntáronlle polos políticos do Imperio que exercían en Londres. Respondeu satisfactoriamente. Despois, para a súa perplexidade, houbo de contestar a un interrogatoria completo sobre equipos ingleses de fútbol. «O fútbol e o socialismo teñen unha estrana conexión en Europa», apuntaba Orwell na lembranza. O novelista morreu sen saber que chegaría a haber estados europeos nos que toda necesidade sería esquecida de gañar un título deportivo continental.

Photo: Charlotte Despard

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité