
GEORGE ORWELL decidiu ser el mesmo en 1928. Cesou de ser policía do Imperio Británico en Birmania para ser comunista e escritor. Marchou a París para axudar a pobres. Non fixo como esoutros que son marxistas por persoa interposta; eses que, como di Slavoj Zizek, finxen que cren en Papa Nöel polo ben dos fillos. Logo de chegar á capital francesa, tratou de contactar co partido comunista, daquela censurado pola autoridade. Indicáronlle unha lavandería. Segundo chegou, os camaradas rifárono pola pouca roupa sucia que levaba porque...
[Lire la suite]