samedi 9 juin 2012

GALICIA (CIRCA 2012)

A marabilla repetiuse como vos digo: montar no Clío, premer no segmento azul que acciona o cd e soar 'Stoned & Dethroned'. Hai 18 anos se reitera o mesmo álbum cando viaxo só nese coche. Dende aquela conduzo de regreso a ese mesmo lugar no que me asentei en 1994. Nesa altura soou por primeira volta na meu dial interior ese disco dos Jesus & Mary Chain. Dende aquela, prendo o reprodutor ao montar no coche verde botella e salto no baleiro cara atrás a 1994. Eu conducía cara a Bóveda para impartir un obradoiro nun colexio... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 8 juin 2012

BÓLAS DE PAPEL DE ALUMINIO

A SUBASTA da finca Ambiciones é unha luz que agoniza. Se a familia Janeiro precisa dun rescate é que a prensa do corazón quedou atrapada na recesión. Despois será o fútbol. Tanto afán democratizador do coñecemento resultou negativo. A sabedoría popular sobre fillos bastardos dos famosos ou os motivos para que xogue un punta trasladouse á economía. Agora todos sabemos do diferenzal de débeda e aledámonos con conciencia de que a prima de risco baixe dos 500. Meses atrás os expertos sufrían arritimias ventriculares temendo sobrepasar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 7 juin 2012

LUIS RIAL TRABALLA NUN TERRITORIO TEX MEX

  O mérito de Luis Rial asombra. Leva dende 1985 vivindo dunha lingua que coñece con amplitude limitada e manexa cunha desenvolta torpeza. A súa fala é un territorio tex-mex construído en español con ornato galego. Aúna veteranía e notoriedade, pero non dubida en criticarse. Photo: From film Silent radio. Alan Arrivee
Posté par Jaureguizar à 22:19 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 6 juin 2012

MARINA CASTAÑO E A VANTAXE DE IGNORAR O SISTEMA MÉTRICO

A ECONOMÍA PROVÓCAME ataques de pánico: veño de escoitar a Marina Castaño nunha tertulia noturna de 13TV que foi "conselleira dunha caixa de aforros". No caso de que non sexa unha lembranza transferida da periodista e escritora (sic), comprendo o fracaso deste sistema de banca nacionalizada por provincias. A exazafata de congresos está situada nunha banda de tertulianos, tendo enfronte a Gotzone Mora -que dá clase nunha universidade á que non mandarei os fillos- e a unha gavela de dereitistas almidonados en negro que non me vou... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 5 juin 2012

UN MILLÓN DE VACAS, TRES MILLÓNS DE GALEGOS (KEYNES EN OURENSE)

JOSÉ LUIS BALTAR pensaba vagariño as súas fabulosas argalladas, pero era un botaporela apresado cando falaba. "Despois de Fraga, democracia!", chegou a proclamar vestido coas ropaxes La Liberté que nos pintou Eugène Delacroix. Esa tetada de fóra, hoxendía, xeraría milleiros de visitas no You Tube. A frase berrouna cando o triángulo de equilibrios variables o ligaba a Cuíña pai e Cacharro para suceder o Vello. Xuraría que nin era consciente da acusación que transportaban esas palabras. José Luis Baltar errou no obxectivo,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 4 juin 2012

FUMADOS DE MARIHUANA, ENCHOUPADOS EN TEQUILA

YUMA DEFINÍASE como «o derradeiro hippy». Causaba a envexa de todos os rapaces de Ribadeo, mesmo dos que situábamos imperdibles e chapas dos Sex Pistols en agochos das nosas roupas a salvo das nosas nais. Yuma levábamos trinta anos a moitos e corenta a algúns, pero ousaba ser libre; algo co que non nos atreviamos nin a soñar. Andaba polas xeografías peninsulares do mesmo xeito doméstico no que Brendan Behan cruzaba o Nova York dos 60 —cóntao en ‘Mi Nueva York’ (Marbot)— para ir atopando un irlandés tras outro ou calquera pegada con... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 3 juin 2012

WARHOL PINTABA CON SOPA

ALGO SE TORCEU na vida emotiva de todos os que amamos o pop hai uns meses cando a dinamita deitou de vez o edificio de Sopas Campbell na localidade inglesa de Norfolk. A marca estampa toda unha visión da realidade, cunhas resonancias míticas coma o caldo de nabizas que se cociñaba nos mediodías da miña cativez nas alturas de A Pena, un cento de metros sobre a tona do mar en Ribadeo. Mesmo houbo un tempo en que andei tras das latas de Campbell confundindo a paixón intelectual por Andy Warhol co pracer gustativo. Tras contemplar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 2 juin 2012

B DE RODRIGO RATO NA ENCICLOPEDIA BRITÁNICA

A democracia provoca unha leve inseguridade nos españois. Prefiren que alguén decida por eles o nome do adestrador, para que, transcorrido o tempo das análises e os visionados, este lea en voz alta a lista de ministros convocados. Villarato, disque. Aznar deixou en 2003 que a súa soberbia dominase ese corpus inescrutable que son "os intereses de España" dixitalizando a Mariano Rajoy como director deportivo para un partido que estaba gañado. Despois, o lameiro de imprecisións retortas sobre a Guerra de Irak e o 11M impediron o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:40 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 1 juin 2012

UN ASCENSO INESPERADO

TODOS sabemos o que é a prima de risco, un foguete de feira que miramos subir e subir entre as nubes. Ascende ata unhas alturas nas que o ceo limita co Ceo. Acabamos por deixar de albiscar a varela dando por suposto que ascende en modo infinito. Ese coñecemento fainos constatar que estamos no ollo dun caos que non para de xirar, pero tamén temos unhas endorfinas que nos axudan. A escritora irlandesa asentada en Nova York Maeve Brennan contaba que gardaba un ladrillo no hotel no que vivía por se se producían disturbios. «E se os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:19 - Commentaires [0] - Permalien [#]