Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 juillet 2012

O GARAXE E O AZAR COMA SAÍDAS

 

ballroom


RAJOY ASUME que debe facer “pedagoxía” para explicarnos a nova táboa de fitness que pretende aplicarnos. Ata o de agora comportouse coma o indolente que va asumindo a súa incapacidade para xerar e que vai triunfando en vitorias alleas ata que un día gaña a Euromillóns. Botou o mandato escapando da prensa, ergo dos votantes, por unha saída discreta nos garaxes. Agora acepta que debe volver o disurso cara a eles, que non lle abonda con ese benestar que lle reporta dialogar con líderes europeos. O presidente español, como coñecedor da oratoria, usou a palabra 'pedagoxía' no canto de recorrer a outras habituais tamén no intrincado vocabulario político, coma 'transparencia' ou 'comunicación'. Rajoy pretende aprendernos economía, agora que non hai un cidadán no Reino de España que non interiorizase na debacle das súas contas particulares. Empuxados á resignación, e coa única esperanza de superala posta no azar promovido por Lotarías do Estado, semella tarde para a retórica. Gorgias de Lentini estaba certo de que “a palabra é un pequeño soberano que fai obras divinas”, pero os escoitantes súmanse masivamente ás filas do escepticismo.

photo: Ballroom. Andrew Steiner

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité