Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 juillet 2012

A CIENCIA ROUBARA O CÓDICE CALIXTINO

iwo-jima


MARTÍNEZ CAMINO xerarquiza o coñecemento en función dunha crenza. Asegura que a relixión vai estar sempre por riba da ciencia porque esta non pode explicar a existencia de Deus. Situarse no ámbito do indemostrable, sempre dá vantaxe, aínda que a ciencia leva séculos ocupando a dentelladas partes dese espazo que a Igrexa declarara como non-urbanizable. Unha descuberta histórica de hoxe foi unha partícula que posibilita aos científicos identificar o 4 por cento da materia escura que se expande alén a atmósfera. A fe aínda ten un 96 por cento no que manobrar a eito. A segunda descuberta fulcral foi a do Códice Calixtino, lograda a base de lóxica humana reforzada pola intuición animal. O libro, unha das bases do noso patrimonio nacional, estaba no garaxe dun electricista, un home de ciencia capaz de explicar o que acontece cando chocan dous polos opostos, por moito que un deles avance coa razón e non co-razón.

Recreation: David Eger.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité