Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 juillet 2012

BAIXO O VOLCÁN

Un amigo madrúgame cunha mensaxe sobre a última baltarada. O meu camarada anda no terreo sufraxista dos conservadores, eviten sospeitar dunha alegría matutina rebuscada por un esquerdista no contedor informativo. Contéstolle que non sorprende. Nada do que se me poida desvelar de José Luis Baltar me sorprende. Todo ese chiste que nos facía este señor de Ourense, con ese cruce entre alcalde pailán axudando á familia na recollida de lixo e gañador de Atrapa un millón tocando o trombón para Carlos Sobera, está deixando de facernos graza. Sen tempo non era. A Feijoo e a min non nos fai chiste hai ben tempo. Cadaquen pola súa preocupación. A miña é económica e moral. Levo anos agardando a que a provincia do sur rebente coma esas tuberías que nos resisten o caudal das riadas e estoupan entoldando as rúas. Ourense non ten futuro, pero non unicamente por ser un ámbito no que se mastiga a paga do avó e xa veremos o mes que vén, senón porque o circulante non aumenta máis ca por vía pública. Malcom Lowry describiu a soberbia dos que se cren inmunes en Baixo o volcán: "Ao primeiro o Cónsul sentiu un estrano alivio. Agora decatábase de que dispararan sobre el (...)Despois, pensou: Mimá! Que xeito de morrer!"

Photo: Brasaï

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité