Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 juillet 2012

UNHA CRUZ DE SANTO ANDRÉ EN VERMELLO

7652010-hands-of-the-master-of-the-potter-doing-a-toy-from-clay

 

Foi un abrente de pegatinas. Mundaka amancera aquel día dos 90 con pegatinas nos cristais das tendas, nas portas das casas, nas sinais de tráfico, nas beirarrúas,... por Mundaka en si. Era coma praga de bandeiras española e francesa tachadas con cruces de Santo André en vermello. Hau ez da Espainia, ezta Frantzia. Isto non é España nin Francia. A curiosidade empuxoume a arrincar un daqueles rectaguliños adhesivos. Unhas vellas berráronme algo animoso en euskara. Respostei, euskaran ere bai, que non entendía. “Son para poner, eh?”, versioneouse a máis canosa. Hai vinte anos, a maioría da sociedade vasca era nacionalista: 65 a 35. Agora, está dividida en terzos entre os que se definen como independentistas, os que son nacionalistas vascos e os españolistas. En resumo, o 30%+35% de sempre fronte ao 35% que os erísticos de Madrid dividen en dúas metades nunha extravagante operación de democracia matemática. Escasean de orixinalidade, xa provocaba Baroja con que a democracia era a ditadura dos números e algunhas outras babecadas. A independencia naquela Mundaka, a sabedoira vila de mariñeiros famosa polo surf da que levei o souvenir político, era unha intención. Agora é unha convición. Por aí debe interpretarse a petición do lehendakari 2013-2017, Iñigo Urkullu, de que se formule unha prima de risco vasca. As tres provincias que vai gobernar fixeron mellor dúas cousas: aplicar unha normativa ríxida para construír que lles aforrou a burbulla estatal e investir grandes porcións da bonanza en investigación e desenvolvemento. Por iso, a crise neses territorios non despeita. Esta mañá, cando ía comprar patacas a Manín, en Ribadeo, cruceime cun home alto, repoludo, calvo, veloso e cunhas sinistras lentes de sol. Esto es España, proclamaba unha camiseta de cor lúgubre. A un lado da frase deseñaran unha cruz de Santo André vermella.

photo: Aleksandr Frolov

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité