Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 juillet 2012

AS MALAS HERBAS

Vivian Maier nap

THOMAS CARLYLE apreciou unha volta que "a economía estase convertendo nunha ciencia lúgubre". Bastante lúgubre amosouse onte Mariano Rajoy delimitando ata a reiteración insoportable a lóxica da solución unica. O seu discurso foi dun didactismo recargado de cara a un estado con cincuenta millóns de cidadans que, por evidente estatística, está surtido dunha presada cumprida de economistas maiores de idade e formados. O presidente español manexa con excelencia a arte da oratoria, polo que ás veces logra despistarnos sobre a falacia multiusos do político como animal camuflado: estou aquí por servizo público e tomo decisións en función do ben colectivo, lonxe de preferencias persoais. Os políticos ocupan os seus cargos tras feras batallas con máscaras luminosas coma as dos loitadores mexicanos. Os recortes teñen unha base ideolóxica que impulsa a xestión nunha determinada dirección, pero non se pode defender que é única. Norman Mailer estaba certo de que os conservadores "son inigualables eliminando as malas herbas do xardín, pero insensibles de cara ás minorías". Os anuncios de Rajoy empeorarán a vida de amplas maiorías e esmagarán as esperanzas de minorías. Entendo que o gobernante nos persuada de que debemos salvar bancos -mesmo cunha lección sobre a circulación do sangue que emocionaría a Miguel Servet-, pero sigo sen comprender por que hai que salvar todos os bancos. A explicación pode atoparse naquilo que lle espetou George Bernard Shaw ao produtor Sam Goldwyn cando este loubou os elevados cumios estéticos aos que ascendía nos seus textos dramáticos. “Señor Goldwyn, o problema é que a vostede soamente se preocupa pola arte e a min unicamente me interesan os cartos”.

 Photo: Vivian Maier

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité