jeudi 12 juillet 2012
AS MALAS HERBAS
THOMAS CARLYLE apreciou unha volta que "a economía estase convertendo nunha ciencia lúgubre". Bastante lúgubre amosouse onte Mariano Rajoy delimitando ata a reiteración insoportable a lóxica da solución unica. O seu discurso foi dun didactismo recargado de cara a un estado con cincuenta millóns de cidadans que, por evidente estatística, está surtido dunha presada cumprida de economistas maiores de idade e formados. O presidente español manexa con excelencia a arte da oratoria, polo que ás veces logra despistarnos sobre a falacia... [Lire la suite]