Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 juillet 2012

CURVAS DE NIVEL

Hai un amigo nacido nunha vila de La Rioja ao que adoito reconfortar politicamente razoando que se Mondariz Balneario é un municipio e Mónaco, un principado, o seu territorio ben pode facerse pasar por comunidade autónoma. Cando menos o seu empaque é homologable ao de Región de Murcia ou mesmo a Cantabria, aquela saída ao mar de Castilla La Vieja, que tanto añoramos os que estudamos EXB. Son consecuencias dun puzzle inacabado, pezas soltas que non se acertou a colocar. Mesmo, Madrid, que debería gozar do estatuto de capital estatal, quedou reducido ao rompeondas de todas as Españas que proclamaba Ortega e que o discurso interno de tensión co que se supermineraliza Esperanza Aguirre está fornecendo de literalidade. Contaba Xabier Arzalluz que os militares facían rebumbio cos sabres cando sospeitaron que Navarra podía acabar na Comunidade Autónoma Vasca, polo que se optou por erguer unha fronteira, unha actividade molesta que sempre se acusa de practicar aos nacionalistas. Porén, a repartición autonómica non está formada unicamente por aristas. Cristóbal Montoro descubriu que son caixóns de xastre sen fondo, porque se lles bota a financiación da educación e máis da sanidade, e asemade se lles pode afear o seu carácter orzamentariamente lesivo. Casio láiase a Brutus no Xulio César de Shakespeare: “A culpa non é das nosas estrelas, senón de nós mesmos”, pero iso semella non importarlle a ninguén en Madrid. Expresado doutro xeito: crean unha estrutura administrativa coa solidez dunha burbulla, cargánna de pesos e logo bótanlle enriba as responsabilidades. No sector financieiro, a esa manobra dinlle crear un banco malo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité