Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 juillet 2012

EUROCOPA, CHAFARINAS E OUTROS McGUFFIN

robert_frank

Todo o que sabía sobre Chafarinas eran o título da novela adolescentemente triste e a parodia histriónica que lle trazou o Manuel Jabois que se mira dende fóra e dende o futuro, que é o Jabois mellor destilado. Son incapaz de situar Chafarinas no mapa, pero non vou preocuparme mentres sexa incapaz de ubicar correctamente Liechtenstein. Volvín escoitar o tal topónimo a raíz da protesta marroquí de que estaba inzado de Garda Civil, algo que non escoitaba dende que Jon Idigoras se someteu a un tercer grado televisivo con El Loco de la Colina. “Señor Idigoras, a usted le gusta la caza?”, arrincou o mestre. Sorprendeume, pero non debería nestes tempos en que José María Castellanos, González-Bueno e a directora de sucursal Alicia Rey Miñones desculpan as falcatruadas dos antecesores a toda plana. Todo un avance na corrección da ética estragada no lado oculto dos caixeiros automáticos. Ben loable. Mariano Rajoy está tan entragado ás correccións que semella Jonathan Frazen: corrixe a economía, a política, corrixe o programa co que gañou as eleccións, corrixe o IVE da Cultura -non o da barbariemaquia; por non ser cultura, evidentemente-. O único que non acerta a corrixirse é esa imaxe de marido respectuoso. Cando o confesional Jimmy Carter gañou as eleccións os neoiorquinos bromeaban preguntándose como podían fiarse dun home que leva trinta anos sendo fiel á súa muller. Norman Mailer explicou que Ronald Reagan desmentiu a aseveración de Henry Ford de que “a Historia é palabrería” para impoñer que “a Historia son unha serie de mensaxes escollidas”. Abondou con que lle matasen 241 marines cun coche bomba en Beirut para que Reagan invadise Granada. Os norteamericanos correron a aplaudirlle e a procurar un globo terráqueo para buscar a terra conquistada. Rajoy pasou tantas horas proclamando a grandeza de España que lle caeu o reino enriba e agora ten que ser Bruxelas quen llo aparte para que non o esmague. A Eurocopa valeulle como McGuffin non petito, pero a volta do fútbol non será ata o 19 de agosto. Supoño que por iso retrasou o salto cuantitativo na avaliación do IVE, ou como lle chame el á suba, ata dez días despois.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité