samedi 14 juillet 2012

EUROCOPA, CHAFARINAS E OUTROS McGUFFIN

Todo o que sabía sobre Chafarinas eran o título da novela adolescentemente triste e a parodia histriónica que lle trazou o Manuel Jabois que se mira dende fóra e dende o futuro, que é o Jabois mellor destilado. Son incapaz de situar Chafarinas no mapa, pero non vou preocuparme mentres sexa incapaz de ubicar correctamente Liechtenstein. Volvín escoitar o tal topónimo a raíz da protesta marroquí de que estaba inzado de Garda Civil, algo que non escoitaba dende que Jon Idigoras se someteu a un tercer grado televisivo con El Loco de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]