Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 juillet 2012

AS PADDLENAIS SEGUIRÁN VOTANDO FEIJOO?

Empty Chair

 

A interrogante política que me ocupa maiormente é a proporción na que as paddlenais deixarán de votar Feijoo. As paddlenais son unha traslación ao noso país das soccermoms norteamericanas dos 90, mulleres de clase media e educación superior que escollían fútbol europeo para os seus cativos e votaban demócrata. O esfarelamento do nacionalismo e da esquerda pode achegar porcentaxes de vitoria ao Partido Popular, pero ninguén introduciu nas posibles variables ese factor de nais que escolleron paddle como actividade extraescolar que poden compartir coa familia, coma antes se compartía a misa dominical. A función en ambos os casos é dobre: mellorar a cohesión interna e proxectar unha certeza de harmonía aos outros núcleos familiares. Elas carecían de ocupación ou tiñan un traballo que as liberaba a media tarde grazas á solidez que repartiu o ladrillo, directa ou consecuencialmente, entre amplos colectivos. Ao minguar eses ingresos, han de reducir o ocio vespertino. A pregunta, logo, é en que medida afectará ao seu voto. Os lugares para que marche son, por outra banda, contados. A teima centrípeta de UPyD e o afán do cartel unico de Rosa Díez, dificultan que reduza o tempo que se precisa en percorrer os 400 quilómetros que nos afastan, historicamente, de Madrid.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Ben que fai en disentir. Que sería do espírito deste cabaret sen a disensión?
Répondre
W
Querido Jaure: Lamento disentir, máis con coñecemento de causa, podo afirmar que Vigo está mais perto de Getafe que de Cospeito. Así que non sei eu...
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité