Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 août 2012

XA NON É ESE TORQUEMADA...

GORE VIDAL 1

O disco Frankecrhist non vén sendo o que máis achega dos Dead Kennedys. Eu deixeime impactar polo Fresh fruit for rotting vegetables, con esa capa de coches incendiados; nomeadamente polo tema Kill the poor, que prendeu o lume dun dos meus primeiros contos. Son incapaz de lembrar o nome, pero lembro unha escea de rapaces armados con rifles de caza situados de pé en todoterreos conducidos por un deles saíndo dos seus garaxes en chalets con xardín. Os mozos atravesan a noite disparando. Na mañá, aparecen cadáveres de esmoleiros. Agora prefiro Holydays in Cambodia como single pola contundencia, por estar mellor construída e pola alegre crueldade da letra. Os Dead Kennedys estarán mañá en Viveiro, pero non estarán asemade. Sen Jello Biafra será coma rehabilitar Supermartes sen Superpiñeiro. Volvendo a Frankechrist, a gravación xa anuncia no título, nese xogo de palabras tan fácil, as reiteradas obsesións relixiosas de Jello Biafra. O único interesante dese álbum é que serviu de base a Tipper Gore, muller do ecoconcienciado Al Gore para meter á banda nun lameiro xudicial polas letras obscenas. Ao cabo, o Parents Music Resourcer Center da ríxida muller do daquela senador Gore, perdese o xuízo. Por segunda vez. O verán é o tempo que esboroa vellos, supoño que por mor da calor. Este agosto estrouse cortando o fío que alentaba a Gore Vidal. Andei pola casa de Lugo procurando unha novela súa, Washington DC, pero debe de durmir en Ribadeo. Un tratado de política amplo e rigoroso. Tipper debería lela para entender un fragmento amplo e fulxinte da vida do seu home, curmán de Gore Vidal.O escritor conta en Una memoria (Mitos Mondadori) o que exhalou Harry Truman cando lle pediron apoio para Bobby Kennedy. Un asesor do candidato comentoulle que "xa non é ese Torquemada..." Truman agardou uns segundos para contestar. Respingou e dixo: "Sabedes, en política sempre se fala de como cambiaron certos fillos de puta. A miña experiencia é que non cambian; se o fan, é para peor".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité