lundi 6 août 2012
O RESTAURANTE DE TODOS OS XANTARES
O restaurante era o habitual. O lugar é cómodo; o personal, agradable, e a carta, recoñecible. Nunca me aparto dunha variedade de tres ou catro pratos cando entro nel. Onte pedín os ravioli recheos de carne, con prebe de espinacas, pasas e piñóns. Onte enganeime esfarelándolles queixo por riba. O sabor marchou a mantecoso de máis. Non volverei facelo porque estraguei unha receita que manexan gloriosamente. Adoito frecuentar La Oca dende que me establecín en Lugo, por volta de 19 anos atrás. Descubriumo unha rapaza, que... [Lire la suite]