Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 août 2012

UNS PASOS, UNHA ASTUCIA E UNHA SORTE

 

IMGP1240-2

 

A mañanciña do domingo deixoume en paz. Retrasoume as responsabilidades para permitirme cubrir o derradeiro terzo de Apuntamentos de Jakob Littner dende un burato no chan, de Wolfang Koeppen. Koeppen suxire que armou a novela alimentándose de testemuños e conservas do plan Marshall. O texto é tan reiterativo que empuxa a crerlle. Ningún autor de certa traxectoria -Koeppen andaba sobrado- caería nese erro. O señor Littner é un filatélico polaco de Munic que tamén é xudeu, por moito que el se resista a considerar esa última característica coma singularizadora. Acaba sendo tan determinante que debe percorrer Europa cara ao leste levando uns pasos, unha astucia e unha sorte de vantaxe á morte. Nese final que lin, non vou esmigalo, Jakob Littner está case que paralítico, axeixado polas dores punzantes e metido nun zulo humido, lamacento e insuficiente. Ese mesmo domingo, pasadas unhas catorce horas, eu quedei pechado nun baño público. Non sentín claustrofobia nin medo. Tería canta auga quixese, luz eléctrica abonda e logo chegou un comando do Exército de Salvación. Sentíame parvo sentado na taza e agardando a que me quitasen de aló. Nin quixen pensar na comparanza.

photo: John Masters

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité