Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 août 2012

MEDIANOITE EN ARABIA

 

ARAB

 

Na medianoite de Arabia, unha panda de rapaces de camisas soltas e sorrisas abertas camiña anchamente pola beirarrúa. Provócanse amablemente e empúxanse aproveitando a broma para medir forzas. Saíron do parque coma unha manda de animais belos e lanzais que fosen marcar territorio. Nada se lles entende, troulean en árabe. Unha rapaza morenamente preciosa, dunha beleza que esmaga ver o pano conventual sobre a cabeza murmuria algo en árabe mentres me mira fugazmente no portal. A madrugada anterior atropelarán un meniño nun paso de cebra cando os pais deixaban atrás os seus rezos na mezquita. Ela reza acudindo a unha oración colectiva por un futuro que soamente erixen os que gozan da fe. Pola mañá, achégome á biblioteca por un libro estarrecedor de Joan Didion. Esquivo dous mozotes con cascos tan grandes coma as súas ambicións intercambiando risas despreocupadas en árabe. No recibidor, onda os ordenadores, un rapaz da súa idade escoita a King Sams e a artistas marroquís convidados. A crise tamén xerarquiza os idiomas.

photo: John Stuart Mill

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité