Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 août 2012

BAIXAMAR NA PRAZA DO CAMPO

Ao-1975-PLAZA-DEL-CAMPO-LUGO-a27128908

 

Todas as mañás bótome a pasear ao sol de Lugo para sentirme rico grazas á caloriña que me dá no peito. O percorrido é aleatorio, pero invariablemente pasa pola Praza do Campo, o espazo triangular máis bonito do planeta. Préstame sentir o burbullo da fonte. Esta mañá escoitei o burbullo dun vello desdentado, desafeitado e ostentosamente borracho asomado á fonte de san Vicente Ferrer. Usaba o índice coma un punteiro láser para indicarlle buscas no interior a outro máis novo, tan inaxeitadamente abrigado coma el. O segundo movíase pola barriga do monumento coa mesma axilidade que George Mallory cando ascendeu o Everest cunha corda de pita. Aproveitaban a baixamar para procurar moedas, o rendemento desa soberana parvada de botar esmola a un estanque cando ben podes darlla a un necesitado. Onte, o meu esmoleiro de cabeceira, un xitano que se empeña en repasar comigo decotío as súas sesións de metadona para que valore o seu esforzo, recriminoume que cambiara. "Ti antes tiñas a cabeza doutro xeito. Antes non eras así. Cando as pesetas dábasme máis". Viña de entregarlle un euro, nunca 166 pesetas lle dei.

Foto: A imaxe é do mestre Carlos Valcárcel. Quitouna hai 37 anos, en 1975.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité