mercredi 29 août 2012

BAIXAMAR NA PRAZA DO CAMPO

  Todas as mañás bótome a pasear ao sol de Lugo para sentirme rico grazas á caloriña que me dá no peito. O percorrido é aleatorio, pero invariablemente pasa pola Praza do Campo, o espazo triangular máis bonito do planeta. Préstame sentir o burbullo da fonte. Esta mañá escoitei o burbullo dun vello desdentado, desafeitado e ostentosamente borracho asomado á fonte de san Vicente Ferrer. Usaba o índice coma un punteiro láser para indicarlle buscas no interior a outro máis novo, tan inaxeitadamente abrigado coma el. O segundo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 28 août 2012

IRSE A EXTREMA EUROPA

  Cando imaxino o futuro dos meus fillos, sempre me aparecen transformados fisicamente por un par de décadas e falando linguas estranxeiras. Na proxección involuntaria de imaxes futuras adoito imaxinalos en Londres, en Berlín ou en cidades a unha hora de voo de extrema Europa, que escribiría Claudio Rodríguez Fer. Tínxeme de tristeza non ensoñalos no meu país, pero esas visións nunca collen forma. Supoño que teño interiorizado que eles, e outros rapaces cun certo abano de posibilidades, non van contribuír a que Galicia... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:57 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 27 août 2012

UNHA BARBA POSTIZA E UNHAS LENTES DE MIOPÍA EXTREMA

  A Peter O'Toole prestáballe asistir ás carreiras de cabalos cando xa renunciara a vivir durante dous anos para ser Lawrence de Arabia. O actor botara a infancia miserable correndo a galope canda o seu pai, que vivía de manexar cartos alleos en hipódromos. Escapaban de persoas que lles confiaran os cartos para que lles fisexe apostas preferentes. Ás veces, gañaba "e a casa era o Paraíso", pero ás veces erraba no diagnóstico e non lle abondaba para pagar o comprometido. Debía ausentarse daquel hipódromo durante meses. Por iso,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 26 août 2012

TATAMIS, FERRADOS E CAMPOS DE BALONCESTO

  A literatura xaponesa consistiu para min durante unha chea de anos en moito Yukio Mishima, un chisco máis de Haruki Murakami e novelas soltas de Ryu Murakami e Yanusari Kawabata. Atráeme dende que merquei a Kawabata nunha libraría de Ribadeo que parecía aberta no frontal dun taller de automóbiles porque, ao entrares, sentías o baldordo da rotativa e o perfume violento da graxa negra. Naquela traseira imprimían La Comarca del Eo, o xornal que me deu a primeira e máis bonita palmada no lombo. O ton de Kawabata era tristón para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 25 août 2012

CATRO LUMES NA COCIÑA

  A cociña ardía por catro puntos. Os catro lumes da vitrocerámica estaban prendidos con viveza. Unha mañanciña de compras no novo Gadis do Ceao e unha mañá longa sometido a unha categoría de pinche para elaborar unha ventresca á grella, anacos de bonito cocidos con tomate, puré de verduras, berenxenas con carne picada de xato, espinacas con queixo de Cabrales,... e a neveira e o conxelador asumindo o papel de carta de menú para a semana. Solucionar nun día o que debería ser un vagarento pracer que durase todos os mediodías... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 24 août 2012

OS COMPROMISOS DOS RELOXOS SUÍZOS

  As alianzas dos meus paternos eran desiguais, tanto como presumo que era a súa relación tanto polo tempo como polo lugares no que se desenvolveron, todos católicos e de poboación contada. O anel do meu avó fachendeaba ancho coma un taco de billar, mentres que a súa muller tiña o dedo corazón a metade de delicado. Estaban datados en 1912. Cando o Ártico engulipaba o Titanic con boca de Gargantúa, eles trazaban unha vida adosada tan audaz polo que tivo de periplo partindo de Bermeo como pola bizosa proxenie. Os reloxos de peto... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 23 août 2012

PREFIRO IGNORAR O QUE OPINA WERT SOBRE DARWIN

    Juan Wert defende a separación por sexos como plus didáctico. A opinión de Wert non me preocuparía se a ceibase nun talkshow de Intereconomía. Faiseme grave que a exprese co traxe de ministro de Educación. Prefiro, daquela, que reserve o que opina sobre a Teoría da Evolución de Darwin, con todo ese vurullo simiesco. A maiores, pídolle discrección a respecto da Teoría das Supercordas ou algunha outra elaboración teórica autoexplicativa, que exclúa intromisións sobrenaturais. Ser español, político e conservador... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 22 août 2012

GRANIZADOS DE MORANGO E LIMÓN

  As rapazas son novas. Sentaron en corro baixo un parasol con publicidade de Amstel na rúa do Bispo Aguirre. Os nomes de bispos vanlles ben ás rúas peonís, que adoitan ser repoludas e solemnes. As cativas visten de H&M, Bershka e supoño que outras alternativas equiparablamente internacionalistas e igualitaristas. Deberíanos deixarnos de circunloquios e recoñecer a Amancio como o home que conseguiu aplicar nun plano real as ensoñacións resentidas de Karl Marx. As mozas beben granizados de morango e de limón mentres falan... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 21 août 2012

MEDIANOITE EN ARABIA

    Na medianoite de Arabia, unha panda de rapaces de camisas soltas e sorrisas abertas camiña anchamente pola beirarrúa. Provócanse amablemente e empúxanse aproveitando a broma para medir forzas. Saíron do parque coma unha manda de animais belos e lanzais que fosen marcar territorio. Nada se lles entende, troulean en árabe. Unha rapaza morenamente preciosa, dunha beleza que esmaga ver o pano conventual sobre a cabeza murmuria algo en árabe mentres me mira fugazmente no portal. A madrugada anterior atropelarán un meniño... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 20 août 2012

DETERMINEI QUE ERAN OVNIS

    Somos cazadores de soños. O mito que perseguín a semana pasada foron estrelas caendo no ceo negro, coma se fose un decorado teatral sometido ao caos. O meu fillo Antón armouse de telescopios e prismáticos, armas exentas de permiso benemérito, contra a medianoite. "Quero ver as Perseidas", advertiume con esa seguridade coa que soamente un neno de seis anos pode falar a respecto de algo sobre o que armou unha idea aproximada. A adolescencia é o limes no que sentimos reparo en opinar sobre un tema que non dominamos. O... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:39 - Commentaires [0] - Permalien [#]