mercredi 5 septembre 2012

BICOLOR

Esta tarde conducín de Lugo a Santiago. De camiño, nun bar anunciado discretamente cunha luz vermella, vexo unha bandeira bicolor pendurada. As consideracións son dúas: esa caste de símbolos anuncian asemade outras institucións de non menor asento na sociedade e, probablemente, ningunha das rapazas que traballa dentro dispoña da documentación que lles permita identificarse legalmente coa enseña. Photo: American flag in leather (Buffalo NY, 2010)Artsy, Photography
Posté par Jaureguizar à 00:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]