vendredi 7 septembre 2012

OS CEOS CORRUPTOS

UNHA SEÑORA muda os ollos tolamente a teclados de calculadoras para falarme sobre cantidades de billetes a montes e moreas entregados en templos que prenderían unha boa lumeira no Ceo.  A noite serve para que o día se recompoña e volva transcorrer. Todo ou nada pode cambiar na mañá seguinte, pero hai ambiciosos que pensan que as débedas empezan a pagarse en despachos divinos e que alí comezan as xestións para os empregos. Photo: Horn & Hardart, Lexington Avenue (1954-55) William Klein
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]