Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 septembre 2012

AS MARCAS DO MEU INSOMNIO

Park-Avenue-Garage-Hotel-Marguery-photo-by-Louis-Faurer-1950

 

As voces e os motores formaban un lameiro de son desagradable. Soamente eran as seis da maña -aínda eran as seis da maña- na rúa de Galicia. Uns rapaces saídos do armario desacompasado de CR7, aos que ría unha moza que trataba de superar a candidez e os defectos enrolando a camiseta por riba do bandullo, argallaban nun deses coches vermellos co volante alto que braman coma formigoneiras avariadas. De mañá, cando saín camiñar a iso das oito, aínda non deran amañado de todo o seu misil terra-aire. Colocaban as pegatinas que identifican ao comando: Daniel Basanta Team/Rally de San Froilán. Parei na beirarrúa rival, quitei a moleskine e anotei os nomes desas marcas que financian o meu insomnio para nunca volver darlles gasto.

photo: Park Avenue Garage Hotel Marguery (1950). Louis Faurer

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité