samedi 8 septembre 2012

AS MARCAS DO MEU INSOMNIO

  As voces e os motores formaban un lameiro de son desagradable. Soamente eran as seis da maña -aínda eran as seis da maña- na rúa de Galicia. Uns rapaces saídos do armario desacompasado de CR7, aos que ría unha moza que trataba de superar a candidez e os defectos enrolando a camiseta por riba do bandullo, argallaban nun deses coches vermellos co volante alto que braman coma formigoneiras avariadas. De mañá, cando saín camiñar a iso das oito, aínda non deran amañado de todo o seu misil terra-aire. Colocaban as pegatinas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]